Konstitucija galisų kalba

Užupio Respublikos Konstitucija galisų kalba

Constitución

  1. Cadaquén ten dereito a vivir preto do río Vilnelė e o río Vilnelė ten dereito a fluír preto de todo o mundo.
  2. Cadaquén ten dereito á auga quente, á calefacción no inverno e a un tellado.
  3. Cadaquén ten dereito a morrer, mais non é a súa obriga.
  4. Cadaquén ten dereito a trabucarse.
  5. Cadaquén ten dereito a ser único.
  6. Cadaquén ten dereito a amar.
  7. Cadaquén ten dereito a non ser amado, mais non necesariamente.
  8. Cadaquén ten dereito a ser banal e descoñecido.
  9. Cadaquén ten dereito a ser preguiceiro e a non facer nada.
  10. Cadaquén ten dereito a amar e a coidar dun gato.
  11. Cadaquén ten dereito a coidar dun can ata que un dos dous morra.
  12. Un can ten dereito a ser un can.
  13. Un gato non está obrigado a querer o seu amo, mais ten de o axudar nos momentos difíciles.
  14. Cadaquén ten dereito a non saber de cando en vez que ten obrigas.
  15. Cadaquén ten dereito a dubidar, mais non é a súa obriga.
  16. Cadaquén ten dereito a ser feliz.
  17. Cadaquén ten dereito a ser infeliz.
  18. Cadaquén ten dereito a ficar calado.
  19. Cadaquén ten dereito a ter fe.
  20. Ninguén ten dereito a usar a violencia.
  21. Cadaquén ten dereito a darse conta da súa pequenez e da súa grandeza.
  22. Ninguén ten dereito a intentar apropiarse da eternidade.
  23. Cadaquén ten dereito a comprender.
  24. Cadaquén ten dereito a non comprender nada.
  25. Cadaquén ten dereito a ter varias nacionalidades.
  26. Cadaquén ten dereito a celebrar ou a non celebrar o seu aniversario.
  27. Cadaquén ten a obriga de recordar o seu nome.
  28. Cadaquén pode compartir o que ten.
  29. Ninguén pode compartir o que non ten.
  30. Cadaquén ten dereito a ter irmás, irmáns, nai e pai.
  31. Cadaquén pode ser ceibe.
  32. Cadaquén é responsable da súa liberdade.
  33. Cadaquén ten dereito a chorar.
  34. Cadaquén ten dereito a ser incomprendido.
  35. Ninguén ten dereito a botarlle a culpa a outro.
  36. Cadaquén ten dereito á individualidade.
  37. Cadaquén ten dereito a non ter dereito ningún.
  38. Cadaquén ten dereito a non ter medo.
  39. Non venzas.
  40. Non te defendas.
  41. Non te rendas.

Atidengimas 2021-07-26